jueves, 17 de diciembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 10).

Diario de Sesións:
(Día 17 de Decembro de 2015, Sesión 10).

Completamos as entradas que nos faltaban (postas no diario de sesión 9) e comezamos a facer a presentación, que exporemos á volta das vacacións.

07-01-2016: Case rematamos a presentación, corriximos erros nas entradas da investigación e publicamos fontes fiables (El País, Comisión Europea...). A presentación a estamos a facer con Emaze.

Como intervir na Contaminación? e no Consumismo?

-Descrición do problema:

Dende idades tempranas debe ensinarse o perigo que ten o feito de contaminar o medio. Débese saber que se non se cuida a flora, a fauna e os demáis compoñentes do medio, degradaranse pouco a pouco ata a súa desaparición. O docente debe realizar o seu traballo de maneira que forme nos estudantes respecto e interese pola conservación dos elementos do medio ambiente. Débese coñecer o problema antes de tratalo, e para iso existen ONGs, páxinas web e outros proxectos (Na escola, en campamentos etc.). Na escola e no fogar débese forxar esta conciencia conservacinista do home do mañá. Ademáis, moitas 'festas' da nosa comunidade creáronse co fin de fomentar o consumismo



Vista de la contaminación en Madrid
*Exemplo de contaminación en España (Madrid, vista dende o aire e coas catro torres de fondo. A imaxe mostra un exemplo de contaminación clara, xa que 4/5 partes do ceo (aprox.) son grises, pola emisión de gases (automóbiles, centrales e fabricas...).  

[ http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/12/04/madrid/1449260163_289397.html ] (EL PAÍS).


-Solución:

Hoxe en día, ademais das medidas para persoas de idades tempranas (ditas anteriormente), existen medidas para as persoas que non complen co medio ambiente. Son as multas ambientales, que consisten en multar ás persoas que non respectan a natureza; estas multas van de cantidades pequenas (tirar lixo fora dos colectores) ata sumas importantes de diñeiro por degradar o medio de forma masiva (barcos petroleiros que se dañan e botan todo o petróleo na auga, centrais nucleares que botan residuos radeoactivos etc.).
http://www.eduteka.org/proyectos.php/2/13287


-Problema:

Emisións contaminantes dos coches de Volkswagen:
As suas accións para erradicarlo son: uns procedementos máis estrictos nos ensaios de emisiones de automóbiles en condicións reais de condución. Completará uns procedementos no laboratorio e outro no que verificarán os niveis de emisions de óxidos de nitróxeno e, nunha fase posterior das partículas, Durante os ensaios no laboratorio confírmanse en condicións reais de condución. Significando que os coches serán conducidos fora e nas rúas seguindo os patróns de aceleración e deceleración ao azar.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 9).

Diario de Sesións:
(Día 15 de Decembro de 2015, Sesión 9).

Irene e Sara completaron a entrada de 'como previr' e Miguel e Álvaro a entrada de 'como intervir' da investigación. Non as completamos, pero temos un resumo e o xoves a completaremos.

martes, 15 de diciembre de 2015

Como prever a Contaminación? e o Consumismo?

Para prever a contaminación ambiental, podemos axudar a:

  • Aforrar enerxía: utilización eficiente e o aforro enerxético son o maior potencial nas cidades. Co adecuado illamento, criterios bioclimáticos no deseno de edificios poderíase evitar o uso de aires acondicionados.
  • Impulso da enerxía solar: nos tellados das nosas casas, pódese construí a gran escala, centrales de enerxía solar, fotovoltáica para producir electricidade e auga quente.
  • Construción sostenible:  O deseño dos barrios debe ter enconta o entorno. Debe potenciarse á utilización de materiais cuxa estracción non producese un deterioro do medio ambeinte.
  • Menos auga e limpeza nos mares e ríos: o problema non é a sequía, se on o aumento do consumo de auga.
  • Consumo responsable: a maior parte da produción de alimentos remata nas cidades. Os habitantes das mesmas poden influír nas formas de produción agrarícola e perqueira, rechazando produtos transxéniccos (por exemplo).
  • Dimiuír o lixo: case tres cartas partes do consumido pola sociedade industrial tarda menos dun ano en converterse completamente en residuo. Hai que impulsar ás medidas de: redución, reutilización e reciclaxe.
  • Compostaxe: a materia orgánica debe voltar á terra para evitar o empobrecemento progresivo. 
  • Transporte Greenpeace propón unha limitación do uso do transporte inividual e aumentar o uso do transporte público, bicicletas e fomentar que a xente vaia andando aos lugares que queden preto de onde eles estén
  • Contra a especulación do solo: a financiación dos axuntamentos españois non pode seguer prescindindo da expansión da especulación urbana.
  • Participación ecoloxista: presenza activa ecoloxista nas cidades.
-FONTES CONSULTADAS:  Click aquí para ver fonte   (Para ver a páxina contrastada: click aquí )

jueves, 10 de diciembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 8).

Diario de Sesións:
(Día 10 de Decembro, de 2015, Sesión 8).

Completamos moito do consumismo e do medio ambiente, con imaxes e un vídeo que nos axuda a reflexionar. Xa nos queda pouco para rematar a Investigación, o vindeiro Martes probablemente xa esté rematada. Bo traballo en xeral.

A Quen afentan o Consumismo? Pode repercutir no Medio Ambiente?

Cada vez existen máis ONGs que nos axudan a concienciarnos das consecuencias do Consumismo (Principalmente a Pobreza nos países nos que se explotan os materiais cos que se fan estes produtos, como a Seda, o Coltán, o Mercurio...), xa que ten un impacto importante na nosa sociedade.

Moitos Comercios crean campañas que incitan ó consumismo (Black Friday, Rebaixas...).
Pero non todos, existen comercios e tendas do chamado Comercio Xusto, que coa venta dos seus produtos, axudan a solucionar problemas como a Pobreza, a Contaminación ou mesmo o propio Consumismo.


http://erenovable.com/medio-ambiente-la-victima-del-consumismo/

*Consecuencias claras do impacto industrial das cidades no mundo natural. Este exemplo corresponde a un río, que foi despois industrializado, sufriendo un impacto descomunal (por exemplo, na parte baixa da imaxe, antes o río tiña unhas augas cristalinas, e agora son marróns, seguramente polo vertido de residuos ou polo uso erróneo ou nulo das depuradoras).*

Enlaces sobre o consumismo e medio ambiente:
https://www.youtube.com/watch?v=qCdDPCZfDoE

*Non podemos esperar a que as máquinas o fangan todo.*


miércoles, 9 de diciembre de 2015

Que son o Consumismo e o Medio Ambiente?

         
                          


Que é o Consumismo? e o Medio Ambiente?

O Consumismo é un problema 'Económico' que ten a sociade actual, facendo que algunhas persoas compren cosas inncesarias que, se moitas persoas mercan ese determinado produto ( Exemplo: Teléfonos Móbiles [Os Móbiles conteñen unha grande cantidade de Coltán, que é explotado en África polos traballadores das minas, e en condicións pésimas. Neste caso, existen dous problemas: un de explotación cara ós Traballadores das minas e das canteiras e outro contra a Natureza, xa que se os teléfonos, se non son reciclados, poden ser un grande contaminante. Outro exemplo son as Pilas.]) poden chegar a afectar non só ás persoas consumistas, se non tamén o Medio Ambiente. O Medio Ambiente é tódala Natureza que nos rodea, xa sexan plantas, animais ou mesmo os gases que respiramos (O2, CO2...).

jueves, 3 de diciembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 7).

Diario de Sesións:
(Día 3 de Decembro de 2015, Sesión 7).

Xa completamos a entrada da Reportaxe (25 de Novembro), despois de moito traballo. Tamén fixemos importantes avances na Investigación (Consumismo e Medio Ambiente) no que xa completamos 2/3 do traballo.
Na seguinte sesión remataremos a Investigación.

Reportaxe: Violencia de Xénero.

    VIOLENCIA DE XÉNERO


No pasado día mércores 25/11, os cursos de 2º da ESO do noso colexio, fixo unha excursión á rúa do Príncipe, para facer unhas actividades contra a violencia de xénero.
En total 42 colexios e institutos participaron nas numerosas actividades que organizou o concello.
Algúns dos colexios ían soamente para facer as actividades propostas, mentres que outros ían ver as exposicións dos murais de cada colexio e contribuír no tapis humán.


Os integrantes do noso grupo que acudiron á excursión, eran: Sara P.L. Irene P. S. e  Álvaro G.P. Miguel A. non puido acudir debido a unha lesión.


A actividade tibo lugar na rúa do Príncipe, e as exposicións dos murais estaban situadas no Marco.


Mentras mirabamos os murais, atopamos un que nos chamou moito a atención este cartel.
Chamounos moito a atención porque di que cando hai violencia de xénero temos que chamar ao 016, e cando o fas, a violencia párase e ao final non a remátase.




O que quere decir o noso cartel é que non podes deixar que maneixen os “fíos” da túa vida. Non podes deixar que nada nin ninguén cheite as ganas de vivir ou te impida ou obrigue a facer cousas. Temos que axudar a que moitas mulleres corten eses fios. (Imaxe: enriba no centro).


EXPOSICIÓN VIOLENCIA SEXUAL NA XUVENTUDE:


ÉSTES SON OS QUE MAIS NOS GUSTARON:


Con eles aprendimos  que non é seguro difundir fotos na rede porque persoas de todo o mundo poden ver as túas imaxes e publicacións. Algúns motivos polo cal as mulleres non o denuncian é polño seu medo e inseguridade e en casos porque pensan que se lles pegan é porque as quere, e porque se preocupa dela, pero iso non é certo, se che pega, non te quere.

ALGUNHAS ACTIVIDADES DA EXCURSIÓN:
   1. ZUMBA
   2. BRAKE DANCE
   3. ILUSIONISMO
   4.BAILE MODERNO




Este foi a nosa reportaxe do día da VIOLENCIA DE XÉNERO, esperamos que vos gustara.


martes, 1 de diciembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 6).

Diario de Sesións:
(Día 1 de Decembro de 2015, Sesión 6).

Casi rematamos a reportaxe do día 25 de Novembro, pero aún nos falta un chisco (engadir algunhas imaxes, corrixir as faltas ortográficas etc.).
Ademáis, puxémoslle nome ao Blog (A Piñita Cidadá), corriximos erros como Bullying = Acoso Escolar, e engadimos fontes a algunhas entradas.
Hoxe comezamos a facer a Investigación sobre o Consumismo e o Medio Ambiente.

martes, 10 de noviembre de 2015

O Consumismo e o Medio Ambiente.

A SOCIEDADE DE CONSUMO:

As persoas que vivimos en países desenvolvidos, estamos nunha sociedade na que comprar é consumir son accións cotiás. O consumo desenfreado noméase como consumismo, que intenta lervarnos a consumir cada vez máis, por iso demos ter unha actitude responsable.


A PUBLICIDADE:

É unha técnica de Comunicación que estimula ós Consumidores a mercar os produtos ou servizos dunha determinada marca.
Para que as empresas poidan vender e que os seus produtos sean atractivos deben emplear estas necesidades:


-Necesidades básicas: o que necesitamos satisfacer primeiro (fame, sede, sono…).
-Necesidades de seguridade: relacionadas coa necesidade de protección.
-Necesidades sociais: necesidade de pertencer a un grupo e de poder relacionarnos.
-Necesidades de ego: destacar ante os demáis.
-Necesidades de autorrelación: necesidade de dar o máximo das súas habilidades.

Fontes: Libro (Pax. 80).

O MEDIO AMBIENTE:

O Medio Ambiente é toda a Natureza que nos rodea, tanto o aire co que respiramos como o parque que temos á volta da esquina. Nas últimas décadas (dende a Revolución Industrial ata hoxe) a Polución, Contaminación e outros diversos problemas (Cambio Climático, Desaparición de Especies...) fan que o Medio Ambiente se deteriore por momentos.

Tamén hai que engadir que no século XXI temos aparellos como móbiles, automóbiles, televisións, videoxogos... Pero aínda non temos remedios para o Medio Ambiente realmente efectivos (a escala global), xa que moita xente non Recicla, o usa Automóbiles Eléctricos.

Algunhas asociacións, como Greenpeace, fan que ser ecolóxico sexa máis doado, tanto con campañas ou programas ou con noticias e anuncios. 

Todos debemos concienciarnos de que, planeta só temos un, e que se non o cuidamos desaparecerá ou se marchitará. Ademáis, que futuro eredarán os nosos fillas/os se non cuidamos o noso planeta?

Fontes: Greenpeace España ( http://www.greenpeace.org/espana/es/ ).







jueves, 5 de noviembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 5).

Diario de Sesións:
(Día 5 de Novembro de 2015, Sesión 5).

Comezamos a facer os problemas co medio ambiente e co consumismo, probablemente remataremos na próxima sesión (O fixemos en Google Drive, agora toca pasalo).

martes, 3 de noviembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 4).

Diario de Sesións:
(Día 4 de Novembro de 2015, Sesión 4).

Completamos o traballo sobre o Acoso Escolar, (imaxes, definición etc...) con éxito.

O Acoso Escolar.

Definición:


O concepto de acoso escolar refírese ao acoso escolar e a toda forma de maltrato físico, verbal ou psicolóxico que se produce entre escolares de forma reiterada e ao longo do
tempo.
Soe ter lugar na escola ou traballo, entre os estudantes e traballadores adultos.
Principais señas de identidade:

  1. O acosador: necesita sentirse superior e recoñecido.
  2. Falta de autoestima e carece de habilidades coma a empatía
  3. Soe ter problemas de violencia mesmo na sua vivenda.
  4. Non ten capacidade de autocritica.


http://www.bastadebullying.com/parents.php
http://definicion.de/bullying/

(Imaxes sacadas de Google Imaxes).

Imaxes:

Gráfico de preguntas a 100 alumnos de E.S.O. e Bach. (Só 12 estudantes dos 100 encuestados non sofren polo Acoso Escolar).


jueves, 29 de octubre de 2015

Os prexuízos sociais e racistas: Racismo.

Racismo:

O Racismo é un prexuízo que se ten dunha persoa de raza diferente, crendo que o que sea diferente o/a fai inferior á persoa racista.

Unha imaxe clara de Racismo: Cu Clux Clan:

Éste considerabase como un grupo de persoas de raza blanca cristiáns e superiores, é dicir, que consideraban inferior a todo aquel que non fose nin branco nin cristián nin sureño.



Exemplo en Tv/Prensa: 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/07/11/nuevo-racismo-conmueve-estados-unidos/0003_201507G11P23991.htm 

(La voz de Galicia, que mostra unha paliza de 12 homes brancos a un mozo negro en Filadelfia, EEUU.)







Diario de Sesións (Sesión 3).

Diario de Sesións:
(Día 29 de Outubro de 2015, Sesión 3).

-Non puidemos facer moito xa que a conexión foi bastante lenta, pero casi terminamos o traballo de Prexuízos sociais e racistas.

martes, 27 de octubre de 2015

Problemas asociados á falta de autoestima: Drogodependencia.

-Definición do problema: 
DROGODEPENDENCIA :Se chama tamén enfermidade por consumo de sustancias, abuso de fármacos ou habituación a fármacos. Non hai unha definición exacta, xa que depende do tipo de sustancia e o risco de dependencia. a adicción se refire ao estilo de vida que supone a drogodependencia, tanto físico como psicolóxico, pero caracterizase fundamentalmente polo uso compulsivo e continuo. O abuso das drogas enténdese como desaprobación social.

-Imaxe asociada a definición:

 
Representa o alcohol, a marihuana e outras drogas ou consumos adictivos (xeringa).



-Exemplo real de Drogodependencia:     KURT COBAIN:





20 de febrero de 1967- 5 de abril de 1994 (27 años)


-Músico estadounidense coñecido como guitarrista e cantantre do grupo grunge Nirvana.
-Seu pai chamábase Donald Cobain e a súa nai Wendy Elisabeth.
-Os problemas de Kurt coas drogas comezaron cando él era moi xove, cando os seus pais dábanlle fortes sedantes para controlar a súa iperactividade. A vida de Kurt cambiou radicalmente aos 9 anos, cando os seus pais divorciáronse. Recordaba sentirse apenado e efadado cos seus pais.

-Despois de haber vivido dos anos coa súa nai, foi vivir a Montesano. Nesa escola sufría acoso escolar por parte dos seus compañeiros e también na rúa por ser amigo dun chico homosexual.

( https://gl.wikipedia.org/wiki/Kurt_Cobain ).



jueves, 22 de octubre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 2).

Diario de Sesións:
(Días 15-20 de Outubro de 2015, Sesión 2).


-Comezamos a facer a investigación sobre a drogodependencia, ademáis de modificar o blog ao noso gusto (cambialo de color, engadir gadgets...).
-Xa terminamos de facer a investigación sobre a drogodependencia, con imaxe e exemplo real.

miércoles, 21 de octubre de 2015

Plan de Equipo para a 1ª avaliación.


3) Plan de Equipo:
-Melloraremos traballando xuntos e repartindo o traballo.

-Ademáis, traballaremos para finalizar tódolos traballos a tempo e non deixalos sen facer, e así non levar malas cualificacións e incidencias negativas.

-Tamén o traballar sen discusións pouco produtivas, facendo que poidamos falar e opinar tranquilamente.

Normas, cargos e funcións de cada cargo.

2)       Normas, cargos (coordinación, axuda, historia e motivación) e funcións de cada cargo
-          Normas de aula: atendemos as indicacións da profesora, respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo en silencio, comezamos a traballar unha vez que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada e resolvemos os conflitos a través do diálogo.
-          Normas de equipo: (a pactar polos membros do equipo, poden engadirse normas novas)
Normas de equipo
Data de incorporación
Que non haxa discusións entre os membros do grupo.
15/10/2015
Rematar as tarefas a tempo e da mellor forma posible.
15/10/2015
Decir todas as ideas que teñamos en alto para que o grupo as escoite.
15/10/2015
Non usar ‘’colorines’’ para tódolos traballos.
15/10/2015
Non pasearse de mesa en mesa.
15/10/2015

-          Cargos de funcións:
Nome
Cargo
Funcións
Irene P.S.M.
Coordinación
Coordina as sesión de traballo.Aparte de realizar os seus cometidos, encárgase de que todos os membros do equipo teñan unha tarefa asignada antes de comezar a traballar.
Sara P.L.
Axuda
Aparte de realizar os seus cometidos, axuda cando é necesario noutras tarefas (especialmente ao historiador/a e ao motivador/a).
Álvaro G.P.
Historiador/a
Aparte de realizar os seus cometidos, observa como e quen fai cada tarefa. Os últimos dez minutos de cada sesión  escribe un resumo  obxectivo no diario de sesións. O diario ten que recoller o reparto de tarefas (tamén se hai tarefas pendentes para a seguinte sesión e quen as realiza).
Miguel A.T.M.
Motivación
Aparte de realizar os seus cometidos, observa que todos os membros do equipo falen asertivamente entre eles (empatía, escoita activa,...) , no caso de detectar pasividade ou agresividade ten que intervir favorecendo e propoñendo alternativas positivas.

martes, 20 de octubre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 1).

Diario de Sesións:
(Días 15-20 de Outubro de 2015, Sesión 1).


-Completamos as entradas correspondentes (nome do grupo, normas e cargos ou roles) en Google Drive. Cando teñamos o blog, pasarémolo.

Nome do equipo e compoñentes.

Cidadanía 2.B Eso 1º avaliación:


1)       Nome do equipo e compoñentes
-          A Piñita Ciudadana: (Porque estamos sempre unidos e o proxecto no que traballamos é o de ciudananía).
-          Compoñentes: Miguel A.T.M , Sara P.L. , Irene P.S.M. , Álvaro G.P.