martes, 10 de noviembre de 2015

O Consumismo e o Medio Ambiente.

A SOCIEDADE DE CONSUMO:

As persoas que vivimos en países desenvolvidos, estamos nunha sociedade na que comprar é consumir son accións cotiás. O consumo desenfreado noméase como consumismo, que intenta lervarnos a consumir cada vez máis, por iso demos ter unha actitude responsable.


A PUBLICIDADE:

É unha técnica de Comunicación que estimula ós Consumidores a mercar os produtos ou servizos dunha determinada marca.
Para que as empresas poidan vender e que os seus produtos sean atractivos deben emplear estas necesidades:


-Necesidades básicas: o que necesitamos satisfacer primeiro (fame, sede, sono…).
-Necesidades de seguridade: relacionadas coa necesidade de protección.
-Necesidades sociais: necesidade de pertencer a un grupo e de poder relacionarnos.
-Necesidades de ego: destacar ante os demáis.
-Necesidades de autorrelación: necesidade de dar o máximo das súas habilidades.

Fontes: Libro (Pax. 80).

O MEDIO AMBIENTE:

O Medio Ambiente é toda a Natureza que nos rodea, tanto o aire co que respiramos como o parque que temos á volta da esquina. Nas últimas décadas (dende a Revolución Industrial ata hoxe) a Polución, Contaminación e outros diversos problemas (Cambio Climático, Desaparición de Especies...) fan que o Medio Ambiente se deteriore por momentos.

Tamén hai que engadir que no século XXI temos aparellos como móbiles, automóbiles, televisións, videoxogos... Pero aínda non temos remedios para o Medio Ambiente realmente efectivos (a escala global), xa que moita xente non Recicla, o usa Automóbiles Eléctricos.

Algunhas asociacións, como Greenpeace, fan que ser ecolóxico sexa máis doado, tanto con campañas ou programas ou con noticias e anuncios. 

Todos debemos concienciarnos de que, planeta só temos un, e que se non o cuidamos desaparecerá ou se marchitará. Ademáis, que futuro eredarán os nosos fillas/os se non cuidamos o noso planeta?

Fontes: Greenpeace España ( http://www.greenpeace.org/espana/es/ ).







jueves, 5 de noviembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 5).

Diario de Sesións:
(Día 5 de Novembro de 2015, Sesión 5).

Comezamos a facer os problemas co medio ambiente e co consumismo, probablemente remataremos na próxima sesión (O fixemos en Google Drive, agora toca pasalo).

martes, 3 de noviembre de 2015

Diario de Sesións (Sesión 4).

Diario de Sesións:
(Día 4 de Novembro de 2015, Sesión 4).

Completamos o traballo sobre o Acoso Escolar, (imaxes, definición etc...) con éxito.

O Acoso Escolar.

Definición:


O concepto de acoso escolar refírese ao acoso escolar e a toda forma de maltrato físico, verbal ou psicolóxico que se produce entre escolares de forma reiterada e ao longo do
tempo.
Soe ter lugar na escola ou traballo, entre os estudantes e traballadores adultos.
Principais señas de identidade:

  1. O acosador: necesita sentirse superior e recoñecido.
  2. Falta de autoestima e carece de habilidades coma a empatía
  3. Soe ter problemas de violencia mesmo na sua vivenda.
  4. Non ten capacidade de autocritica.


http://www.bastadebullying.com/parents.php
http://definicion.de/bullying/

(Imaxes sacadas de Google Imaxes).

Imaxes:

Gráfico de preguntas a 100 alumnos de E.S.O. e Bach. (Só 12 estudantes dos 100 encuestados non sofren polo Acoso Escolar).